Esta semana damos inicio ás clases de laboratorio.
Tede en conta que, excepcionalmente, esta primeira semana só teremos 2 horas de clase de laboratorio, no canto das 3 que serán habituais o resto do curso.
Para cada grupo práctico, haberá clase o día que ten asignadas 2 horas de laboratorio:
– pi-B1: martes 19, ás 10h no laboratorio AS05
– pi-B2: mércores 20, ás 9h no laboratorio B002
– pi-B3: xoves 21, ás 11h no laboratorio T215
– pi-B4: mércores 20, ás 9h no laboratorio T215
– pi-B5: xoves 21, ás 9h no laboratorio AS04
– pi-B6: venres 22, ás 9h no laboratorio T105
– pi-B7: venres 22, ás 9h no laboratorio AS05
Na clase de laboratorio desta primeira semana:
– faremos unha presentación da parte de laboratorio da materia,
– asignarémosche a conta (usuario/contrasinal) para traballar nos computadores do laboratorio e
– farás unha pequena práctica introdutoria.