
Pedro S. Rodríguez Hernández
Catedrático de Universidade
Universidade de Vigo
Enxeñeiro de Telecomunicación pola Escuela Técnica Superior de Ingenieros de Telecomunicación da Universidad Politécnica de Madrid, en marzo de 1989, na especialidade de Telemática .
Entre 1985 e 1989 traballei en Electrónica ENSA (Grupo Ceselsa, actualmente Indra), no deseño do sistema de Defensa Electrónica MK-9500 para a Armada Española.
Entre 1989 e 1990 traballei en Amper, no desenvolvemento conxunto con Telefónica I+D da central dixital multiservicio SD-200.
En 1990 incorporeime á Universidade de Vigo.
Realicei colaboracións co Centro de Sistemas Abertos de Tempo Real (Cesat).
Entre 1997 e 2003, formei parte do Claustro Docente do Programa de Posgrao en Telematica da Fundación CaixaGalicia (actualmente Afundación) e a Universidade da Coruña.
En 1997 realicei unha estancia de investigación no Real-Time and Multimedia Laboratory da School of Computer Science da Carnegie Mellon University en Pittsburgh (USA).
Doutor Enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo (1998).
Actualmente son Catedrático de Universidade dentro do Departamento de Enxeñaría Telemática da Universidade de Vigo (anteriormente, formei parte do Departamento de Tecnoloxías das Comunicacións, ata a súa división o 19 de Xuño de 2001). No curso 2021-2022, imparto a materias de Programación I e Deseño de Sistemas Integrados no Grao en Enxeñería de Tecnoloxías de Telecomunicación, e Computación Distribuída no Master en Enxeñería de Telecomunicación. Ver sección de Docencia.
Entre Xuño de 2000 e Febreiro de 2003, fun Subdirector da Escola de Enxeñería de Telecomunicación de Vigo (EET). Desde Marzo de 2021, son o Secretario e Subdirector de Novas Titulacións da EET.
Entre Setembro de 2002 e Xullo de 2004 fun membro da Xunta Directiva de ISOC-GAL, capítulo de Galicia da Internet Society (ISOC).
Desde Febreiro de 2014 e Xuño de 2016 fun Coordinador do Módulo de Formación Básica e membro da Comisión Académica do Mestrado en Enxeñaría de Telecomunicación da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo.
Son membro do grupo de investigación GTI (Grupo de Tecnoloxía da Información: TC-1) da Universidade de Vigo, con multitude de artigos publicados en revistas internacionais, así como comunicacións a congresos internacionais.
Formo parte de de atlanTTic, o Centro de Investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación impulsado pola Universidade de Vigo.
Dirixín proxectos de gran relevancia, nacionais, e internacionais, como a participación da Universidade de Vigo no CENIT TelMAX coa empresa Indra. Participei en proxectos como o CENIT mIO!, o proxecto integrado do Sexto Programa Marco BeInGrid, e o proxecto Avanza www:sla@cloud sobre monitorización de acordos de nivel de servizo na nube, en colaboración coa empresa Aldaba. Dirixín o proxecto E-IMRT II, en colaboración con Gradiant e o CESGA, e financiado pola Xunta de Galicia.
As miñas liñas actuais de investigación inclúen os sistemas integrados de altas prestacións, os sistemas de tempo real, as redes inalámbricas móbiles e a optimización paralelo e multiobjetivo. Ver sección de Investigación.