A semana do 6 de setembro, comezaremos o curso, na materia de Programación I (PI), segundo o grupo:

  • PI-A: martes 7 ás 12h na aula B003 
  • PI-B: mércores 8 ás 9h na aula T218 (esta non será a aula habitual deste grupo, senón a B003)
  • PI-C: luns 6 ás 12h na aula T218

En todos os casos, son clases de teoría. Nelas, faremos unha presentación da materia e empezaremos a ver o Tema 1.

As clases de laboratorio non comezarán ata a semana seguinte.

Categorías: PIDocencia